¡Ola son Vanessa!
Vouvos contar unha noticia que xa non debe sair máis nos medios de comunicación: É a violencia de xénero.
Eu escoitei na televisión e na radio que unha moza de dazanove anos está no hospital "Juan Canalejo". Todo isto ocorreu na vila coruñesa de Coristanco, e debeuse a que esta moza e o seu mozo cortaran a súa relación facía unha semana; os dous mozos quedaran de ir falar ao monte.
Pero cando ían no coche desenvolveuse unha forte discusión e, nese intre, o mozo tirouna do coche que estaba en movemento e deixouna tirada na cuneta.
Máis tarde a Garda Civil atopou ao mozo aforcado na súa casa.
No que vai de ano xa son quince as mulleres que morreron a mans de homes
Vanessa Cancela (5º A)