Translate

martes, 9 de enero de 2007

A NOSA AULA


Este é o ramillete das nenas da miña aula máis un neno que se colou na foto. Xa vedes que as miñas ruliñas son poucas, só seis, pero como seis soles, agarimosas, doces e moi boas ainda que moi faladoras, demasiado as veces, traballan ben pero algunha podería poñer algo máis da súa parte...... O comenzo deste segundo Trimestre espero ter moitas alegrías delas.

Dos nenos, eses son moitos máis ¿que contaros? Son dazaseis que só pensan no fútbol, tenis, atletismo, baloncesto, videoxogos pero.... cando toca traballar, aprender, tamén saben facelo e o fan ben; uns millor que outros pero con estes que, nun principio non querían tanto, temos establecido un compromiso de millora que estou segura que o cumplirán.

Entre todos formamos un grupo moi armónico e nos levamos ben, eu os quero moito e penso que eles a min tamén ainda que as veces fanme enfadar un pouco pero tratamos de levar o día a día o millor posible.

Xa os iredes coñecendo e xa vos contarán o que eles pensan, desde logo que están desexando empezar a escribir.

Mañán saímos de excursión, xa vos contaremos como foi.

4 comentarios:

  1. e verdade os nenos traballamos moito

    ResponderEliminar
  2. Los niños pueden que trabajen mucho pero en Educacion fisica a las niñas no nos pasaron el balón.
    ¡SON UNOS MACHISTAS!

    ResponderEliminar
  3. ¡Comó que machistas!¿No queríais la igualdad?

    ResponderEliminar
  4. Eu son unha das ruliñas da profesora. E acordome que nesa festa nolo pasamos moi ben.

    ResponderEliminar