Translate

miércoles, 13 de febrero de 2008

O Entroido






Por problemas técnicos, que xa vos contarán os meus alumnos, levamos un tempo alonxados do blog pero unha vez solucionados voltamos para contarvos as nosas cousas.
Como xa se ve nas fotos celebramos o Antroido ¡que guapiños estades todos! Algún é difícil de recoñecer pero bueno esta festa é para esto, para transformarnos un pouco.
Tivemos festa rachada: lectura do pregón, eleborado polos rapaces e rapazas de todo o nivel, e moi ben lido por Laura C. e Sergio, do noso curso, desfile presentado por Laura B., tamén de 6º A , que amenizou o paso das máscaras e tivo que traballar moito xa que non estivemos moi calados pero ela amañouse para que todo saira ben. Despois do desfile houbo premios, concedidos por un xurado composto por cinco alumnos/as, un de cada aula de 6º, que non o tiveron moi fácil xa que tiñan que valorar a orixinalidade dos disfraces.
O 1º premio quedou na clase e foi para Bilal, convertido nunha señorita de rompe e rasga; o 2º tampouco marchou e levouno Laura C. coa súa "Fantasía andaluza" e o 3º para Saray, como non de 6º A, "A hippie da fregoneta".
Antes do desfile e, para ir ben preparados, déramos conta dos dulces típicos do Antroido, léase orellas, filloas, rosquiñas..... preparadas polas mamás..... ¡todo boísimo!

2 comentarios:

  1. Yo lo he pasado muy bien en la fiesta, yo gané el tercer premio del desfile. ¿A que estamos muy guapos todos en las fotos?

    ResponderEliminar
  2. Lo pasamos genial ,yo era la ejecutiva

    ResponderEliminar