Translate

jueves, 17 de mayo de 2007

O Himno Galego




Co gallo do Día das Letras Galegas deixovos nesta páxina o noso himno para que o coñezades.
Estrénase no 1907 na Habana, froito, como a bandeira e o escudo, da emigración. No 1908 farase oficial. Na súa elaboración conxúganse as partituras de Pascual Veiga e o poema "Os Pinos" de Eduardo Pondal. O motivo central é moi sinxelo: que Galicia desperte do seu sono e emprenda o camiño á liberdade.

O nome de Galicia non figura en ningunha parte do poema, como é habitual en Pondal, é sustituido por Fogar de Breogán. Pídeselle que desperte do seu soño, que non plvide as inxurias e que escoite a voz dos pinos rumorosos, que non é outra cousa que o pobo galego.


1 comentario:

  1. A mi amigo Pablo y a mi el Himno Gallego nos pareció muy bonito
    al escucharlo.

    ResponderEliminar