Translate

domingo, 13 de mayo de 2007

A historia do meu avó


Hoxe vouvos contar unha historia, trátese do meu avó Pepe.


Cando meu avó era pequeno sempre quería ser barbeiro; logo cando crecíu encontrou a miña avoa Carmen, casáronse e tiveron seis fillos. Despois meu avó cumpríu o seu soño de ser barbeiro. Meu tíos, Antonio e Xavier, admiraban o seu traballo e, despois de crecer, os dous foron barbeiros. Meu tío Xavier, logo, encontrou outro traballo e meu tío Antonio seguíu de barbeiro.


Daba gusto velo traballar cas tixeiras, tic-tic-tic, e logo coa maquiniña; así que víu que gañaba cartos, montou a súa propia barbería xa que meu avó xa se retirara.


O día que a inauguraron estaba preciosa, daba gustiño estar alí; as paredes todas pintadiñas e ben limpas, os asentos novos, bancos para sentarse, un lavacabezas novo, eu case que non o cría. Chámase Perruquería Roxo. Agora ten tanta xente que non da feito.


Espero vosos comentarios con impaciencia.


Laura Calvete (5º A)

2 comentarios:

  1. Gustoume a entrada de Laura.O tío tamén me corta o pelo.

    ResponderEliminar
  2. Que algún familiar traballe en algo, sempre fai algo.

    ResponderEliminar