Translate

miércoles, 9 de mayo de 2007

Manuel Murguía



Despois de falaros noutra entrada do Día das Letras Galegas e diciros que esta data celébrase desde o ano 1.963 e que adicouse por primeira vez a Rosalía de Castro, Vanessa e Saray queren que saibades un pouco máis do seu home, Manuel Martínez Murguía, un ilustre arteixán:
Manuel Martínez Murguía naceu no ano 1833 nunha pequena casa labrega do lugar de Froxel. Lugar este da freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello coruñés de Arteixo. Volvía a súa nai de cumprir unha promesa no veciño santuario de Pastoriza, cando a acometeron as dóres do parto. O humilde campesino en cuio fogar se produciu o nacemento do futuro escritor, foi o seu padriño de pía. Os pais de Murguía, santiagués el, vasca ela, viviron de primeiras na Coruña trasladáronse despóis a Compostela, onde se estableceron cunha botica. Contaba a penas trece anos o fillo cando se produciron os sucesos revolucionarios do 1846. As tropas de Solís, xefe da sublevación, acornelláronse no mosteiro de San Martiño Pinario. O pequeno Manuel puido presenciar, apampado, algúns dos aconteceres, que deixarían no seu ánimo impresión duradoira.
Cursou o rapaz o bacharelato, e encetou posteriormente, por decisión paterna, os estudios de Farmacia nas aulas compostelás. Pero as súas afeizóns non cadraban con tais estudios. Apercibiuse de que gustaba máis da literatura que da carreira que se lle asignaran. Resolveu irse a Madrid. Amosou alí de contado certa precocidade no cultivo das tareas literarias. Contaba só dezasete anos cando escribiu "Desde el cielo", a súa primeira novela. Publicouna en folletín no xornal "La Iberia". Dela chegaron a se facer ata nove edicións, e foi traducida a varias línguas.

Bueno pois cremos que xa sabedes un pouco máis de Manuel Murguía.
Vanessa Cancela (5º A)
Saray Ramilo (5º A)

1 comentario: